viernes, 11 de mayo de 2012


¿porque hai mais diestros ca zurdos?


Tan só o 10% da poboación mundial é zurda. Durante séculos, usar a man esquerda estivo mal visto, ata tal punto que a palabra "sinistra" é usada como sinónimo de esquerda (e antónimo de "destra"). Dous investigadores estadounidenses acaban de demostrar que a baixa porcentaxe de zurdos é o resultado dun delicado equilibrio alcanzado entre cooperación e competición ao longo da evolución humana. Tras recompilar numerosos datos de destros e zurdos, Daniel MAbrams e os seus colegas da Escola de Enxeñaría e Ciencia Aplicada McCormick, da UniversidadeNorthwestern (EUA), crearon un modelo matemático que mostra como canto máis social é unha especie maior é a tendencia á lateralidade, que no caso do ser humano se traduce a predominancia do uso da man dereita.

"O factor máis importante para unha sociedade eficiente é a cooperación; nas sociedades humanas, iso fixo que o 90% das persoas sexan destras durante ao me nos os últimos 5.000 anos ", explica Abrams, que deu a coñecer os resultados do seu estudo na revista The Journal of the Royal Society Interface. A cooperación, engade o investigador, favorece que todos usemos a mesma man, por exemplo para poñer manexar as mesmas ferramentas. Non obstante, en certos ámbitos deportivos competitivos (béisbol, boxeo, hóckey, tenis de mesa...) os investigadores comprobaron o número de atletas zurdos rolda o 50 por cento.






RUBIO & CASTRO